Por admin_eu, 2 Outubro, 2025

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou esta mañá na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC na inauguración da xornada Tendencias en bioeconomía, un encontro no que se abordou a capacidade da bioeconomía para impulsar o emprendemento e no que se presentou tamén a candidatura do proxecto GreenSeed ao programa Interreg España-Portugal (Poctep) a través dun consorcio liderado pola Xunta.

Por admin_eu, 25 Setembro, 2025

A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, participou hoxe na facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago na xornada Taller de sinerxías e economía social: Dor crónica e vulnerabilidade nas mulleres, organizada pola Fundación Finnova no marco do proxecto Sembrando Iniciativa. Mariño subliñou a importancia de crear espazos de visibilización, empoderamento e networking como os desta xornada, orientada a xerar oportunidades de formación, orientación e emprego para mulleres en situación de vulnerabilidade.

Por admin_eu, 25 Setembro, 2025

A Xunta, a través dos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (Galp), desprega a liña de axudas para o desenvolvemento de proxectos vencellados ás Estratexias de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP). Unha das iniciativas beneficiarias destes apoios é o novo centro de atención diúrna impulsado pola Asociación Galega para a Axuda dos Enfermos de Alzheimer e outras Demencias (Agadea) no concello coruñés de Boiro.

Por admin_eu, 22 Setembro, 2025
  • Lembra o peso deste tipo de entidades en Galicia que supera por primeira vez as 2.000 entidades, “move 3.500 M€ ao ano” e “xera máis de 78.000 empregos”
  • A futura lei pon o foco na potenciación deste modelo de negocio en áreas e servizos clave para Galicia como os coidados, a enerxía ou a vivenda
  • Promove un réxime administrativo máis flexible, favorece unha comunicación máis áxil cos socios e permite unha maior visibilización das cooperativas de cara a procesos de licitación pública