Por admin_eu, 25 Agosto, 2026

A secretaria xeral de Emprego e Relacións Laborais, Susana Pérez Iglesias, visitou a sede de Asociación empresarial galega de centros especiais de emprego sen ánimo de lucro (Cegasal), onde agradeceu o seu labor no eido da economía social a prol dun mercado laboral forte, dinámico e inclusivo. Nese senso, salientou non só a súa implicación a prol da contratación no ámbito das entidades sen ánimo de lucro, senón tamén na difusión dun modelo económico máis solidario e pegado ao territorio no marco da Rede Eusumo impulsada pola Xunta.

Por admin_eu, 11 Agosto, 2026

A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, xunto coa delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, visitou hoxe a cafetería Sen etiquetas, rexentada polo Centro Especial de Emprego Juan María, un proxecto de emprego inclusivo inaugurado este ano co obxectivo de crear oportunidades laborais reais para as persoas con discapacidade intelectual.

Por admin_eu, 22 Xullo, 2026

A zona da Andrómena do Porto de Vigo, na contorna do Náutico e da rúa Concepción Arenal, acollerá os próximos xoves 30 e venres 31 de xullo o ES-Factory Pop Up, unha mostra que reunirá a 11 proxectos vinculados co emprendemento e a economía social.

A proposta está concibida como un espazo comercial e de encontro que facilite o contacto co público. As persoas que decidan acudir a esta cita terán a oportunidade de adquirir produtos de orixe galega e participar nunha variada programación de actividades. 

Por admin_eu, 4 Xullo, 2026

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, participou hoxe no acto do Día do Cooperativismo Galego 2026, organizado pola Xunta de Galicia e o Consello Galego de Cooperativas nas Bodegas Martín Códax e no que se recoñeceron as iniciativas premiadas nos Premios á Cooperación e no Certame Cooperativismo no Ensino. Alí puxo de relevo o auxe deste modelo que en Galicia supera as 2.000 cooperativas activas cun volume anual de facturación de arredor de  3.400 M€ e destacou o apoio da Xunta neste ámbito.

Por admin_eu, 3 Xullo, 2026

A Xunta de Galicia e o Consello Galego de Cooperativas celebran este sábado, 4 de xullo, unha nova edición do Día do Cooperativismo Galego, o principal acto institucional do cooperativismo na comunidade. A cita reunirá na sede da cooperativa Martín Códax, en Cambados, representantes do sector cooperativo, da economía social e das principais institucións galegas.