Por admin_eu, 11 Setembro, 2025

A Unión de Cooperativas EspazoCoop, no marco do Ano Internacional das Cooperativas 2025 e do convenio co Concello de Santiago de Compostela, organiza a xornada "Transformando a cidade dende o Cooperativismo".

Data: Mércores 24 de setembro 2025
Horario: De 09:30 a 13.30 h.
Lugar: Teatro Principal  –  Santiago de Compostela

Programa:

Por admin_eu, 6 Agosto, 2025

A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) creou un vídeo para destacar a importancia do modelo cooperativo no sector agrícola e gandeiro galego, polo ano Internacional das Cooperativas 2025.

O vídeo pon en valor como a cooperación permite as persoas produtoras acceder a mellores recursos, tecnoloxías avanzadas, formación especializada e asesoramento profesional. Isto non só mellora a súa eficiencia, senón que tamén reduce os custos de produción e comercialización, traducíndose en mellores condicións no mercado.

Por admin_eu, 4 Xullo, 2025

A Xunta celebra o Día do Cooperativismo Galego baixo o lema "As cooperativas promoven solucións inclusivas e sostibles para un mundo mellor".

 

Este é o lema escollido este ano para a celebración do Día do Cooperativismo Galego o sábado 5 de xullo ás 12.00h nas instalacións de Rabadense de Transportes (Rábade, Lugo)

 

Por admin_eu, 30 Maio, 2025

Este ano  2025 foi proclamado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas como o Ano Internacional das Cooperativas (AIC 2025), recoñecendo o papel transformador que este modelo empresarial ten no desenvolvemento sostible, a inclusión social e o empoderamento económico das comunidades. Esta celebración mundial continúa o legado iniciado en 2012, cando se viviu o primeiro Ano Internacional dedicado ás cooperativas.

Por admin_eu, 28 Maio, 2025

Desde o 5 ata o 8 de xuño celébrase en Silleda a 28º edición do Salón de Alimentación do Atlántico, Salimat 2025, onde os produtos da economía social galega volverán a estar presentes.

Salimat é un espazo xa consolidado para os profesionais do sector da alimentación. Desde pequenos produtores e artesáns ata a gran distribución se unen para colaborar, impulsar o seu crecemento e resultados, e reforzar o seu posicionamente e visibilidade ante o propio sector e o público final.

Por admin_eu, 6 Maio, 2025
O Parlamento de Galicia facéndose eco da iniciativa do Consello Galego de Cooperativas, órgano consultivo e representativo do cooperativismo de Galicia, desexa facer pública coa presente declaración a satisfacción pola decisión da Organización das Nacións Unidas (ONU) de declarar este ano 2025 como ANO INTERNACIONAL DAS COOPERATIVAS, baixo o lema —que facemos propio— «As cooperativas constrúen un mundo mellor».
 
Por admin_eu, 30 Abril, 2025

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración celebra o Certame de Cooperativismo no Ensino 2025.

Cal é a finalidade do certame?

Por admin_eu, 28 Marzo, 2025

Os días 27 e 28 de marzo de 2025 celebrouse en Palma de Mallorca o IX Congreso de Cooperativas Agro-alimentarias de España, un evento onde foron máis de 1.000 persoas vinculadas ao sector cooperativo de todo o país.

Por admin_eu, 21 Marzo, 2025

Do 24 de marzo ao 3 de abril de 2025 celebrarase a VI Semana Universitaria da Economía Social, un evento internacional que reunirá a 35 universidades de España, Portugal e Latinoamérica. En total, desenvolveranse máis de 120 actividades destinadas a achegar a Economía Social á comunidade universitaria e dar visibilidade ao traballo de investigación e formación que se realizaron.

Por admin_eu, 19 Marzo, 2025

A economía social de Galicia estará presente, da man da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, no Galicia Fórum Gastronómico 2025, que terá lugar en Expocoruña entre o 23 e o 25 de Marzo.

Na súa 10ª edición en Galicia o programa contará coa presenza de grandes chefs que cociñarán en directo tanto no  Auditorio como nos Obradoiros, nos que ofrecerán degustacións.