Contacta coa Rede e asesórate en economía social | eusumo.emprego@xunta.gal | +34 610 174 389
Xornada de presentación | Programa Academia Factoría da Economía Social
EspazoCoop organiza a Xornada de presentación da "Academia Factoría da Economía Social", enmárcase na programación da Rede Eusumo, e no programa europeo ES-Factory e a súa aceleradora de proxectos EspazoCoop Impulsa.
Data: 25 de Marzo de 2025
Horario: De 9:30 a 14:00
Modalidade: Presencial
Lugar:Polo de Emprendemento de Vilanova de Arousa
Contidos da xornada:
- Presentación Academia Factoría da Economía Social : Es-Factory EspazoCoop - IMPULSA . Experiencia dun proxecto acelerado: Somos Terra S. Coop. Galega.
- Mesa de alternativas financieras con Coop 57 Galicia, Fiare Finanza Éticas, AIS O Peto, e crowdfounding.
- Mesa de proxectos financiados por entidades da Banca ética ,social e solidaria, con Somos Terra S. Coop. Galega e Alalá S. Coop. Galega.
Obxectivos
- Fortalecer as capacidades emprendedoras, a través de ferramentas para desenvolver e xestionar proxectos.
- Promover a innovación social, a través de talleres e actividades que fomenten nas persoas solucións orixinais para os desafíos dos seus proxectos.
- Mostrar de xeito práctico e achegado a realidade as condicións e pasos a dar para emprender en Economía Social, achegando recursos e medidas de apoio.
- Analizar as necesidades para crear un proxecto viable na economía social. Elaborar prototipo do proxecto.
Inscricións a través do formulario.
Máis información: visita a web espazo.coop ou contacta a través de info@espazo.coop
Descarga o programa

