Contacta coa Rede e asesórate en economía social | eusumo.emprego@xunta.gal | +34 610 174 389
Programa ES-Transforma en cooperativas ou sociedades laborais
A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración publica as bases reguladoras do programa ES-Transforma en cooperativas ou sociedades laborais para a anualidade 2025.
Cal é a finalidade destas axudas?
Apoiar a transformación en cooperativas ou sociedades laborais dos negocios sen remuda xeracional, de todo tipo de sociedades e das persoas traballadoras autónomas, que xa estivesen a exercer unha actividade económica.
Que entidades poden ser beneficiarias?
Poderanse acoller a estas subvencións, sempre que cumpran as condicións e os requisitos establecidos, as sociedades laborais ou cooperativas que xurdan dalgún dos seguintes procesos:
-
Constitución por ausencia de remuda xeracional
-
Constitución por persoas autónomas
-
Constitución por transformación
-
Transformación de todo tipo de sociedades en cooperativas ou sociedades laborais
-
Procesos de adquisición da totalidade do capital integrante dunha sociedade mediante compravenda das súas participacións ou accións por parte das súas persoas traballadoras, coa finalidade de levar a termo a continuación total ou parcial do seu obxecto social e de transformación nunha sociedade laboral ou nunha cooperativa
-
Cales son os conceptos subvencionables?
- Asesoramento legal para a constitución da cooperativa ou da sociedade laboral, así como para a transformación nunha destas entidades de economía social.
- Creación e desenvolvemento da imaxe corporativa da entidade.
- Obtención de certificacións de calidade.
- Márketing, comunicación ou relanzamento comercial.
- Plan de protección de datos.
- Equipamento informático.
- Adquisición e desenvolvemento de software e páxinas web.
- Mellora na eficiencia enerxética.
- Adquisición de equipamento.
- Reforma do local de negocio.
- Mobiliario.
- Elementos de transporte.
- Alugamento do local do centro de traballo.
- Seguro de responsabilidade civil e responsabilidade civil de explotación do centro de traballo
Ata cando se poden presentar as solicitudes?
O prazo de presentación de solicitudes remata o 15 de setembro de 2025.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Recorda consultar a orde completa antes de facer a solicitude.
