By admin_eu, 15 Julho, 2025
Programa EMEGA

A Consellería de Política Social e Igualdade publica as bases reguladoras das axudas do programa Emega para o fomento do emprendemento feminino en Galicia para a anualidade 2025.

Cal é a finalidade destas axudas?

 Apoiar a posta en marcha, a mellora e a reactivación de iniciativas empresariais constituídas por mulleres, xunto con medidas complementarias para favorecer a conciliación da vida persoal, familiar e laboral, así como o acceso a servizos específicos de información, asesoramento e orientación empresarial co obxecto de facilitar a implantación e consolidación dos proxectos empresariais promovidos por mulleres.

Este programa presta un especial apoio ás mulleres que emprenden no rural, ás maiores de 55, a aquelas que desenvolven a súa actividade empresarial en sectores tradicionalmente masculinizados, así como ás que teñen especiais dificultades de inserción laboral.

O programa Emega comprende as seguintes liñas de axudas:

  1. Emega Emerxe: promove a posta en marcha de novas iniciativas empresariais e a creación de emprego feminino estable por conta propia e allea.
    1.  Poderán acollerse aos incentivos da modalidade as empresas de nova creación constituídas por mulleres desde o 30 de setembro de 2024
  2. Emega Impulsa:  Favorecer a reactivación, a consolidación de empresas constituídas por mulleres, ou a implantación de medidas innovadoras para a mellora da competitividade, dirixidas a paliar unha situación económica adversa, e que resulten necesarias para o mantemento do emprego por conta propia e por conta allea, así como para acadar o necesario equilibrio empresarial e asegurar a súa pervivencia, consolidación e mellora.
    1. Cun período mínimo de tres anos de realización efectiva da actividade empresarial.
  3. Emega Innova: Impulsar a implantación de iniciativas empresariais de carácter innovador, con contido científico ou con base tecnolóxica, promovidas por mulleres e que supoñan a creación de emprego feminino estable por conta propia e allea.
  4. Emega Concilia: axuda complementaria das modalidades Emerxe, Impulsa e Innova para promover a conciliación da vida persoal, familiar e laboral, nas súas dúas modalidades: Concilia-promotoras e Concilia-persoas traballadoras por conta allea.

Quen pode solicitar estas axudas?

  • As empresas privadas formadas por mulleres  inicien a súa actividade económica
  • A actividade mercantil pode ser realizada por empresarias individuais, sociedades civís, comunidades de bens, entidades sen personalidade xurídica ou sociedades mercantís, incluídas as sociedades laborais, as cooperativas de traballo asociado e as sociedades profesionais.
  • Nas empresas de tipo societario, a administración da empresa teñen que exercela exclusivamente mulleres. Ademais, o capital social estará maioritariamente subscrito por mulleres

Compativilidade con otras axudas?

  • As modalidades Emerxe, Impulsa e Innova son incompatibles entre si. Estes incentivos son compatibles coa axuda complementaria Emega Concilia.
  • Son incompatibles coas establecidas para a mesma finalidade e concepto nos distintos programas de promoción do emprego autónomo, de fomento do emprego en cooperativas e sociedades laborais, de iniciativas de emprego e de iniciativas de emprego de base tecnolóxica convocadas pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, así como con outras axudas que para a mesma finalidade e concepto poidan outorgar outros departamentos da Xunta de Galicia ou outras administracións públicas ou entidades privadas.
  • Tamén son incompatibles coas subvencións á contratación por conta allea convocadas pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, outros departamentos da Xunta de Galicia ou calquera outra Administración pública.

Ata cando se poden presentar as solicitudes?

O prazo de presentación de solicitudes finalizará o 14 de agosto de 2025.

  • SI429A - Programa Emega: As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Recorda consultar a orde completa antes de facer a solicitude.

Programa EMEGA

Data

Categoria