Contacta coa Rede e asesórate en economía social | eusumo.emprego@xunta.gal | +34 610 174 389
SE É ESS É CIRCULAR: Xestión de residuos con impacto social
REAS Galicia realiza un coloquio en liña sobre "SE É ESS É CIRCULAR: xestión de residuos con impacto social" no marco da Rede Eusumo.
Data: 16 de outubro
Horario: De 16:00 a 18:30h
Modalidade: online
Programa
- Preámbulo con AERESS (Asociación española de recuperadores de economía social y solidaria)
- De que falamos cando falamos de Economía Circular dentro da Economía Social e Solidaria?
- Coñeces a rede estatal de empresas sociais dedicadas á reutilización, reparación e reciclaxe?
- Convidámoste a coñecer experiencias de entidades que son caso de boas prácticas inspiradoras.
- Faladoiro con mirada galega e desde o emprendemento feminino no que, a partir da bagaxe adquirida no sector, identificaremos os retos, sinerxías e oportunidades de intercooperación.

