By admin_eu, 17 Outubro, 2025
Xornada "Talento Cooperativo"

A Unión de Cooperativas EspazoCoop organiza a xornada "Talento Cooperativo", un programa de fortalecemento de empresas de economía social no marco da Rede Eusumo.

Data: 23 de outubro 2025

Horario: De 10:00 a 12:30

Modalidade: en liña

Talento Cooperativo prestará apoio ás entidades de economía social facilitando a incorporación de persoas formadas en xestión empresarial, con coñecementos específicos sobre cooperativas e outras fórmulas da economía social de cara a fortalecer a xestión empresarial e a función xerencial das organizacións beneficiarias dunha bolsa.

Colectivos obxectivos:

  • Persoas mozas menores de 30 anos, preferentemente mulleres, que estean a buscar unha alternativa de emprego de calidade que lles permita conciliar a súa vida laboral e persoal.
  • Entidades de economía social con necesidades de perfís profesionais en postos de xerencia e dirección.

Calendario e fases:

  • Abrimos a solicitude de Talento Cooperativo para cooperativas  | Do 30 de maio ao 30 de xuño 2025
  • Abrimos a solicitude de Talento Cooperativo para desempregadas con estudos empresariais | Do 1 de xullo a 12 de setembro 2025
  • Teleformación das candidatas a bolseiras pre-seleccionadas  | de agosto-setembro 2025 | En liña
  • Xornada Talento Cooperativo| 23 de outubro 2025
  • INICIO das bolsas de prácticas nas cooperativas e empresas de economía social! | Último trimestre de 2025

Inscricións: a través deste formulario

Máis información: visita a web espazo.coop ou contacta a través de info@espazo.coop

 

Descarga o cartel

Xornada "Talento Cooperativo"

Data

Categoria

Xornada "Talento Cooperativo"