Contacta coa Rede e asesórate en economía social | eusumo.emprego@xunta.gal | +34 610 174 389
Curso: Blockchain e NFTs no sector cultural
A Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios e Navegación de Santiago de Compostela, entidade integrante da Rede Eusumo, organiza un curso sobre "Blockchain e NFTs no sector cultural"
Datas: do 2 ao 19 de febreiro de 2026
Horario: de 16:00 h a 18:30 h de luns a xoves
Modalidade: en liña
Duración: 25 horas
Obxectivos: Comprender o impacto do blockchain e os NFTs na industria cultural e artística.
Contidos do programa:
- Introdución ao blockchain e o seu impacto na cultura
- NFTs e propiedade intelectual no mundo da arte
- Modelos de negocio baseados en NFTs
- Retos e oportunidades para artistas e xestores culturais
- Estudos de caso e boas prácticas
O programa vai dirixido a traballadores, coordinadores, técnicos, artistas ou emprendedores do sector das industrias culturais como sector específico da economía social.
O formulario de inscrición está dispoñible a través do seguinte enlace
Descarga o cartel

