Contacta coa Rede e asesórate en economía social | eusumo.emprego@xunta.gal | +34 610 174 389
Apoio ao emprendemento cooperativo
A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) organiza a xornada formativa sobre oportunidades de negocio da "Apoio ao emprendemento cooperativo" no marco da Rede Eusumo.
Data: 20 de febreiro
Horario: de 9:30 h a 14:30 h
Modalidade: Teleformación
A actividade está dirixida a:
- Equipos directivos das cooperativas agroalimentarias e da economía social (consellos reitores, dirección, xerencia, persoal técnico)
- Mulleres socias e mozos e mozas menores de 35 años e maiores de 18, socios de cooperativas
Obxectivos:
- Dar a coñecer o sistema de axudas de acceso ao financiamento público. Tendencias na lexislación de promoción rural, do cooperativismo e da economía social, e novas oportunidades de apoios financeiros públicos neste ámbito.
- Favorecer que as cooperativas agroalimentarias manteñan uns axeitados equilibrios e niveis de estrutura financeira, básico para abordar os retos empresariais e sociais que teñen por diante
- Aclarar as dúbidas relacionadas coa posta en marcha da normativa gandeira
Programa:
- Introdución ao emprendemento cooperativo en Galicia e os seus apoios
- Medidas e ordes de axuda da secretaría xeral de emprego 2026:
- Bono Consolida 2026
- Axuda Aprol e ES-Transforma
- Autónomos: Bono autónomos, Remuda, Nova Oportunidade e outras
- Axudas ao emprendemento e outras
- Resolución 30.12.2025: Axudas para a execución de operacións de apoio de terceiras persoas (intervención Leader)
- Axudas do IGAPE a autónomos e pemes:
- IA 360
- Programa Re-Acciona
- Galicia Exporta Empresas
- Préstamos Directos / acceso a crédito
- Préstamos parcialmente reembolsables
Inscricións previas: a través deste formulario
Máis información: visita a web agaca.coop ou contacta a través de agaca@agaca.coop
Descarga o programa

