Contacta coa Rede e asesórate en economía social | eusumo.emprego@xunta.gal | +34 610 174 389
Innovación e economía circular no sector agroalimentario de Galicia: oportunidades a partir de subprodutos
A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) organiza a xornada formativa sobre "Innovación e economía circular no sector agroalimentario de Galicia: oportunidades a partir de subprodutos" no marco da Rede Eusumo.
Data: 30 de abril
Horario: de 09:30 h a 14:30 h
Modalidade: Online
A actividade está dirixida a:
- Equipos directivos das cooperativas agroalimentarias e da economía social (consellos reitores, dirección, xerencia e persoal técnico)
- Mulleres socias e mozos e mozas menores de 35 anos e maiores de 18, socios de cooperativas.
Obxectivos:
- Fomentar a colaboración entre cooperativas, centros de coñecemento, empresas e administracións, poñendo en valor o modelo cooperativo como motor de innovación, sustentabilidade e competitividade territorial.
- Impulsar a dinamización económica e a xeración de emprego no rural, mediante a difusión de iniciativas innovadoras e novas cadeas de valor no sector agroalimentario.
- Promover a economía circular no sector agroalimentario, fomentando a valoración de subprodutos e residuos como fonte de novas oportunidades de negocio e diversificación produtiva.
Programa:
- Oficina de Economía Circular
- Asesoramento personalizado
- Formación especializada
- Proxectos colaborativos
- Acceso a financiamento
- Proxecto GRAPPA: valorizafción de subprodutos agroalimentarios en Galicia
- Uso de subprodutos do sector agroalimentario
- Desenvolvemento de ingredientes funcionais
- Innovación na bioeconomía alimentaria
- Oportunidades industriais para Galicia
- Proxecto Blood4Goods: aproveitamento de subprodutos da industria cárnica
- Valorización de sangue de matadeiro
- Impacto en redución de residuos
- Novas cadeas de valor
- Proxecto CAC: economía circular en cooperativas do sector lácteo
- Agricultura e mitigación do cambio climático
- Captura de carbono en chans agrícolas
- Boas prácticas agrarias
- Medición e certificación do carbono
- CRF. Mercado voluntario de créditos de carbono UE
- Compostaxe con desperdicios alimentarios
- Xeración de valor nas explotacións
- Proposta dun modelo circular na xestión de xurros
- Contexto e problemática
- Enfoque de economía circular en xurros
- Tecnoloxías e solucións
- Modelos de negocio circular
Inscripcións disponibles a través do seguinte formulario
Máis información: visita a web agaca.coop ou contacta a través de agaca@agaca.coop

