By admin_eu, 25 Junho, 2026
Medrando Xuntas Entre Mulleres

O programa Medrando Xuntas e a Asociación "Entre Mulleres" organizan un encontro para mulleres emprendedoras do rural. Neste encontro coñecerás de primeira man o programa Medrando Xuntas ademais dun proxecto literario de Isabel Delagranja sobre mulleres rurais.

Data: xoves, 25 de xuño

Horario: 19:30 - 21:00 h

Modalidade: Presencial

Lugar: Sede da Asociación de Mulleres Rurais Entre Mulleres. R/ Ramón Peinador, 38 baixo. Mondariz Balneario

Programa do encontro:

  • Presentación da Rede Eusumo - Medrando Xuntas
  • Presentación do proxecto Memoria da Terra. de Isabel Delagranxa
  • Momento aberto de presentacións, consultas e aportacións de participantes
  • Café networking. Conversas informacis e intercambio de contactos e experiencias

Para máis información podes consultar a web da Rede de Polos de Emprendemento e Apoio ao Emprego

Se tes unha idea, un proxecto ou simplemente curiosidade… este é o teu sitio. Apúntate e forma parte dun movemento que medra desde a diversidade, a colaboración e o orgullo polo local.

MX entre mulleres

MX Entre mulleres

Data

Categoria