Contacta coa Rede e asesórate en economía social | eusumo.emprego@xunta.gal | +34 610 174 389
Coñece as subvencións ao emprendemento feminino e as formas xurídicas a adoptar
Este encontro é unha oportunidade para achegar ás mulleres emprendedoras información práctica, recursos e acompañamento real para dar forma ás súas ideas de negocio ou impulsar proxectos xa en marcha. Un espazo, organizado polo Polo de Baños de Molgas, pensado para aprender, resolver dúbidas e compartir experiencias que axuden a avanzar con máis seguridade no camiño emprendedor.
Data: martes, 14 de xullo
Horario: 10:00 - 12:30 h
Modalidade: Presencial
Lugar: Xardíns Rosalia de Castro, 1, Maceda, Concello de Maceda
Programa do encontro:
- Presentación do Polo e os seus servicios
- Explicación das principais axudas e subvencións da nosa consellería dirixidas a mulleres tanto a novas emprendedoras coma aquelas con proxectos iniciados e/ou consolidados
- Explicación das principais formas xurídicas
- Que é Economía social. Relatorio a cargo de Álex Pereira
- Que é o Programa Medrando Xuntas Relatorio a cargo de Cristina Mosteiro
- Rolda de preguntas e aclaración de dúbidas
Para máis información podes consultar a web da Rede de Polos de Emprendemento e Apoio ao Emprego
Anímate a participar! Investe unhas horas en coñecer información útil, resolver dúbidas, conectar con outras mulleres emprendedoras e dar un paso máis cara ao teu futuro profesional.
