Contacta coa Rede e asesórate en economía social | eusumo.emprego@xunta.gal | +34 610 174 389
Cooperativismo de consumo e comunidades enerxéticas
A Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop organiza a xornada "Cooperativismo de consumo e comunidades enerxéticas", un encontro para tratar respostas cooperativas ás formas de consumir, outras maneiras de entender e practicar o consumo e como contribuír á transición ecosocial en sectores emerxentes como as enerxías renovables, economía circular, ou a vivenda en cesión de uso.
Fecha: 8 de outubro
Horario: 10:00 - 13:30 h
Modalidade: Presencial
Lugar: Guardabosques (Ecooo S. Coop.) Donelle, Sober
Programa:
- Relatorios - Situación do cooperativismo de consumo e promoción das comunidades enerxéticas renovables
- Mesa - Análise dos principais retos e oportunidades: trámites administrativos, financiamento, inclusión social e escalabilidade
- Mesa - Casos reais e aprendizaxes clave. Comunidades enerxéticas e Cooperativas de consumo e innovación social: a vivenda en cesión de uso.
- Presentación de aprendizaxes de EC4RURAL - Presentación e lanzamento da formación Acción colectiva para a transición enerxética.
- Debate aberto
- Peche institucional
Formulario de inscricións aberto a través da seguinte ligazón.
Para máis información contacta a través do teléfono 981 57 55 78 ou no correo info@espazo.coop


