Contacta coa Rede e asesórate en economía social | eusumo.emprego@xunta.gal | +34 610 174 389
Fertilización equilibrada no agro alimentario
A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) organiza a xornada formativa sobre oportunidades de negocio "Fertilización equilibrada no agro alimentario" no marco da Rede Eusumo.
Data: 15 de octubre
Horario: de 09:30 h a 14:30 h
Modalidade: Online
A actividade está dirixida a:
- Equipos directivos das cooperativas agroalimentarias e da economía social (consellos reitores, dirección, xerencia, persoal técnico)
- Persoas socias, produtoras e persoal técnico agronómico vinculado á xestión da fertilización nas explotacións
Programa:
- Saúde do solo e produtividade sostible: fertibilidade do solo, materia orgánicca e microbioloxía, problemáticas e desequilibrios nutricionais en Galicia
- Estratexias sostibles e economía circular: fertilización orgánica e aproveitamento de subprodutos, uso eficiente de fertilizantes e sustentabilidade ambiental
- Innovación e tecnoloxías aplicadas á fertilización: agricultura de precisión, ferramentas dixitais e tecnoloxías para optimizar o uso de nutrientes e augas
- Lexislación, caderno de campo e obrigatoriedade de asesor. Da obriga á oportunidade: preparar a cooperativa para o Real Decreto 1051/2022
- Fertilización equilibrada e eficiencia nutricional: macronutrientes e micronutrientes, interpretación da análise de solo, optimización e eficiencia no uso de nutrientes
- Mesa de diálogo: retos e oportunidades da fertilización sostible nas cooperativas agroalimentarias
Inscripcións dispoñibles a través do seguinte formulario
Máis información: visita a web agaca.coop ou contacta a través de agaca@agaca.coop

