Xornadas estratéxicas dos directivos das cooperativas: horta

A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias organiza "Xornadas estratéxicas dos directivos das cooperativas: horta" no marco da Rede Eusumo.
Data: 12 de marzo
Horario: de 9:45 h a 14:45 h
Modalidade: presencial
Lugar: Santiago de Compostela
Obxectivos:
- Favorecer que as cooperativas de horta, legumes, froita, flor e planta ornamental aborden os principais retos produtivos e de comercialización do sector, nun marco de intercambio de experiencias e acceso a coñecementos específicos sobre aspectos de actualidade e da Cadea de Valor.
- Avaliar os efectos nas cooperativas da PAC e do Pacto Verde Europeo, especialmente en aspectos relacionados cos fitosanitarios, intentando impulsar profesionalización e sostibilidade, así como o acceso ás axudas de OPFH e de APAs.
Persoas destinatarias:
- Persoas con cargos directivos das cooperativas agroalimentarias e da economía social (consellos reitores, dirección, xerencia, equipo técnico).
- Mulleres socias e mozos e mozas menores de 35 anos e maiores de 18, socios de cooperativas.
Inscricións: a través deste formulario
Máis información: visita a web agaca.coop ou contacta a través de agaca@agaca.coop
Descarga o programa
Martes, 12 March, 2024 - 09:45 to 14:45