Concurso de ideas: CREA ECONOMÍA SOCIAL

A Universidade de Vigo no marco da Rede Eusumo organiza a seguinte concurso de ideas:

CREA ECONOMÍA SOCIAL

Participantes: Calquera persoa ou grupo que teña unha idea de empresa de economía social para a súa implantación na Comunidade Autónoma de Galicia. En concreto, o concurso esta deseñado para a participación de:

  • Estudantes do Campus CREA de PONTEVEDRA
  • Persoal Docente e Investigador (PDI) do Campus CREA de PONTEVEDRA
  • Persoal de Administración e Servizos (PAS) do Campus CREA de PONTEVEDRA
  • Persoas emprendedoras en xeneral.

Obxectivo:

  • Identificar e recoñecer as ideas e iniciativas de emprendemento innovadoras.
  • Dar visibilidade entre o alumnado do campus crea das iniciativas de emprendemento actuais.
  • Fomentar o espírito emprendedor a través da creatividade das persoas participantes e sobre a base dun enfoque integral (social, económico, medioambiental, cultural…)
  • Difundir a cultura emprendedora, o talento, a innovación, a difusión do coñecemento e a transferencia de información.

Data límite para presentar a candidatura: ata o mércores 13 de outubro de 2021.

Premios:

  1. Mellor idea de negocio en artes, comunicación e creatividade.
  2. Mellor idea de negocio en educación, innovación social e xestión pública
  3. Mellor idea de negocio en deporte, saúde e benestar
  4. Mellor idea de negocio en medio ambiente e natureza

Datos de contacto: contacta@creaeconomiasocial.com / 687 33 37 09

Para máis información: www.creaeconomiasocial.com

Para visualizar o cartel preme aquí.

 

Xoves, 23 September, 2021 - 10:00 to Mércores, 13 October, 2021 - 14:00

Compartir