LOADING

 
Boletín Rede Eusumo Nº 57  12 / 03 / 2020
 
   

Coñece a historia da cooperativa Nós en Esteiro

Esta cooperativa comezou a súa andaina tras gañar o concurso convocado para xestionar o servizo da cafetería no campus ferrolán de Esteiro. Para iso contaron, entre outros, coa axuda e o apoio da Rede Eusumo.

Hoxe en día, Nós en Esteiro é unha das poucas entidades de economía social existentes en Galicia no ámbito da hostalería. Dende a súa actividade diaria contribúen á alimentación saudable das persoas que consomen os seus produtos, xa que apostan por unha cociña de calidade que fai que a súa clientela coma como na casa. 

Ver máis

       
   

ExpoOrdes e Salimat 2020, o escaparate perfecto para o teu produto ou servizo

Do 24 ao 26 de abril celébrase a ExpoOrdes 2020 en Ordes (A Coruña)  e posteriormente, do 4 ao 7 de xuño, Salimat 2020 en Silleda (Pontevedra).  Unha oportunidade única para promocionar os teus produtos ou servizos e establecer relacións comerciais con clientes e provedores, así como relacións de colaboración con outras entidades participantes. 

Se tes interese e formas parte dunha entidade de economía social, inscríbete antes do 15 de marzo a través do correo electrónico economiasocial.emprego@xunta.gal.    

Ver máis

   
   

Queres abordar con éxito a túa idea de negocio?

Aprende de xeito práctico como facelo a través de pautas, recursos e coñecementos básicos que permiten emprender baixo as fórmulas de economía social. 

Datas: 16/03/2020 - 06/04/2020
Modalidade: en liña
Duración: 20 h
Inscricións: formulario / 981558008 / eusumo.emprego@xunta.es

Ver máis

       
   

É o momento de poñer en práctica o teu proxecto cooperativo

Coñece os pasos que hai que dar para emprender como empresa cooperativa comezando por analizar as áreas comercial e de mercado, a viabilidade económica e financeira do proxecto, a planificación da área organizativa e os trámites de constitución. 

Datas: 18, 20, 25 e 27/03/2020
Horario: 09:30 - 14:30 h
Duración:  20 h
Lugar:  IES Isaac Díaz Pardo, rúa Lagoa, 19, Sada, A Coruña 
Inscricións: formulario / 881929057 / aedl@concellodesada.com

Ver máis

       
   

Precisas financiamento para o teu negocio?

Descubre as distintas liñas de axuda existentes para as entidades de economía social e as cooperativas e como realizar a súa tramitación.

Data: 23/03/2020
Horario:10:00 - 14:00 h
Lugar:  Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil, rúa de Ramón Piñeiro, 17-19, 15702 Santiago de Compostela
Inscricións: formulario / 881887456 / tino@espazo.coop

Ver máis

       

 

Rede Eusumo

Contacte en: comunicacion@eusumo.gal ou 610 17 43 89
Máis información en:
            
www.eusumo.gal
 

 

Convidamos as empresas de economía social de Galicia a achegarnos as súas novidades para difundilas a través da nosa canle: Somos a túa voz
   

 

 

 

 

CONTACTA COA REDE EUSUMO

Edif. Admin. San Lázaro, baixo 15781
Santiago de Compostela