XORNADA AXUDAS AO COOPERATIVISMO 2020
EspazoCoop, a través da Rede Eusumo, organiza a seguinte actividade:
XORNADA AXUDAS AO COOPERATIVISMO 2020
Datas: 23 de marzo de 2020
Horario: de 10:00 a 14:00 horas
Lugar: Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil, rúa de Ramón Piñeiro, 17-19, 15702 Santiago de Compostela.
Destinatarios: Persoal técnico e político de entidades relacionadas co fomento do cooperativismo (asociacións de cooperativas, ofcinas de fomento cooperativo, entidades da Rede Eusumo, etc.), asesorías e consultorías, persoal técnico de fomento do autoemprego, axentes de desenvolvemento local, técnicas/os locais de emprego, persoal da administración relacionado coa promoción do cooperativismo e a economía social, da Administración local, etc., cooperativas, persoas socias e responsables, grupos de emprendemento, colectivo de persoas autónomas e persoas interesadas en xeral.
Duración: 4 horas
Obxectivos:
- Dar a coñecer as distintas posibilidades de financiamento que se presentan nas liñas de axudas para o cooperativismo a través do Programa APROL para as entidades da economía social e do cooperativismo en particular.
- Presentar outras liñas de axudas e posibles incompatibilidades.
- Levar a cabo casos prácticos que axuden a resolver a distinta casuística.
- Estimular o debate ao redor da temática con persoas expertas e o público participante.
Contido:
1ª parte | Axudas ao cooperativismo
- As axudas ao cooperativismo do Programa APROL polo miúdo.
- Outras axudas e organismos que convocan axudas de interese para cooperativas.
- Posibles incompatibilidades e concorrencia nas distintas axudas.
- Turno de preguntas e debate.
2ª parte | Casos prácticos
- Presentación de casos prácticos atendendo diferente casuística.
- Claves a ter en conta para a presentación das axudas.
Inscricións: a través do seguinte formulario ou no 881 887 456 / tino@espazo.coop