LOADING

Es unha persoa emprendedora?

En que vos pode axudar a Rede Eusumo?

  • Axúdavos a xerar a idea de negocio, así como a desenvolvela.
  • Asesóravos e acompáñavos nos vosos proxectos empresariais.
  • Garántevos formación e información en cooperativismo e economía social.
  • Facilítavos todo o apoio necesario nos trámites administrativos para constituír a vosa empresa ou entidade (trámites de constitución, elaboración dos estatutos…)

Ademais …

  • Asesora e acompaña as entidades de economía social no ámbito societario e en materia de xestión empresarial.
  • Axuda as entidades de economía social a impulsar novas liñas de negocio e xerar novos proxectos.
  • Traballa na definición do modelo empresarial e a elaboración do plan de empresa para as entidades de economía social.

A Rede Eusumo adáptase a vós...

  • tanto se queredes constituir o voso proxecto no marco das entidades de economía social coma se precisades consolidar algún aspecto da vosa empresa
     
  • A Rede Eusumo e as persoas técnicas que a conforman adaptan os plans de asesoramento as vosas necesidades e as das vosas empresas e proxectos

A Rede Eusumo axúdate no teu emprendemento cooperativo ou doutro tipo de entidade de economía social de Galicia.

Non o dubides, contacta coa Rede Eusumo!

Es unha entidade socia?

Coa idea de establecer unha folla de ruta que defina a grandes liñas o itinerario de atención personalizada aos grupos promotores, a Rede Eusumo lanza o itinerario do emprendemento da economía social.

Este itinerario pode entenderse como un plan de acción que permita un aliñamento e colaboración activa e coordinada entre as entidades socias da Rede Eusumo no marco da atención a proxectos de economía social. Nel especifícanse as actividades que cómpre desenvolver en cada unha das etapas do proxecto, os responsables da súa execución, o prazo estimado para a súa realización etc e outros aspectos que axuden á organización desta actividade e o traballo colaborativo e en rede. 

Descarga o itinerario premendo aquí

Modelo de fichas de alta de proxecto.

Modelo de fichas de seguimento.

 

 

 

 

 

 

   

 

CONTACTA COA REDE EUSUMO

Edif. Admin. San Lázaro, baixo 15781
Santiago de Compostela