LOADING

A ECONOMÍA SOCIAL

Denomínase economía social o conxunto das actividades económicas e empresariais que, no ámbito privado, levan a cabo aquelas entidades que perseguen o interese colectivo das persoas que as integran, o interese xeral económico ou social, ou ambos.

O papel central que asumen as persoas traballadoras, socias ou usuarias nestas entidades, outórgalles unha seria de características moi particulares e valiosas, que en especial son adecuadas para atender diversas demandas, inquietudes e problemáticas do mundo actual, ligadas aos profundos e rápidos cambios que está experimentando o conxunto da sociedade e a economía.

Principios orientadores:

As entidades de economía social, inspiradas polos valores de axuda mutua, respon­sabilidade, democracia, igualdade, equidade, solidariedade, honestidade, transparencia, autonomía, autoxestión, responsabilidade social e preocupación polas demais persoas, están informadas polos seguintes principios orientadores:

  • A primacía das persoas e do fin social sobre o capital, que se concreta nunha xestión autónoma e transparente, democrática e participativa, que leva a priorizar a toma de deci­sións máis en función das persoas e as súas achegas de traballo e servizos prestados á entidade, ou en función do fin social, ca en relación coas súas achegas ao capital social.
     
  • A aplicación dos resultados obtidos da actividade económica, principalmente en fun­ción do traballo achegado e do servizo ou da actividade realizados polas socias e os socios ou polas persoas integrantes, se fora o caso, ao fin social obxecto da entidade, ao servizo da consecución de obxectivos como o desenvolvemento sustentable, o interese dos servizos aos membros e o interese xeral.
     
  • A promoción da solidariedade interna e coa sociedade que favoreza o compromiso co desenvolvemento local, a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, a cohesión social, a cooperación, a inserción de persoas con discapacidade e de persoas en risco ou en situación de exclusión social, a xeración de emprego estable e de calidade, a concilia­ción da vida persoal, familiar e laboral e mais a sustentabilidade.
     
  • A independencia a respecto dos poderes públicos.
     
  • O compromiso co territorio, fronte ao despoboamento e o envellecemento no medio rural galego, inxectando estabilidade e futuro.
     
  • O fortalecemento da democracia institucional e económica.

Queres coñecer as entidades que integran a economía social de Galicia? Preme aquí.

 

CONTACTA COA REDE EUSUMO

Edif. Admin. San Lázaro, baixo 15781
Santiago de Compostela