Presentación dos resultados +COOP en Galicia

A Unión de Cooperativas EspazoCoop organiza a xornada de presentación de resultados de +COOP, un programa que vén desenvolvendo no período 2023-2024, en colaboración coa Xunta de Galicia, Cepes e o FSE+, co obxectivo principal de prestar servizos de apoio á cidadanía para crear empresas cooperativas e acceder ao emprego, mediante a fórmula do autoemprego colectivo.

Data: 8 de xullo

Modalidade: presencial

Lugar: “La Moda” Rural Lab (Silleda)

Obxectivos: 

  • Presentar os resultados e boas prácticas de + COOP
  • Visibilizar  proxectos de emprendemento baixo a fórmula de cooperativa, amosando experiencias das beneficiarias deste programa
  • Crear un espazo de coñecemento mutuo, de relacións e de intercooperación
Programa:

10.00 h - Recepción de asistentes

10.30 h - Benvida institucional e presentación

  • Representante da Unión de Cooperativas EspazoCoop
  • Representante do Polo de Emprendemento de Silleda

11.00 h - Presentación de resultados do Programa +COOP

  • Lucía Mendoza Fernández - Directora da Unión de Cooperativas EspazoCoop

11.30 h - Mesa de cooperativas participantes en +COOP

  • Modera: Rosa Bernárdez - Técnica da Unión de Cooperativas EspazoCoop

13.00 h - Liñas de axudas públicas para o emprendemento en cooperativa e outras fórmulas de economía social

  • Representante da Xunta de Galicia
  • Representante da Unión de Cooperativas EspazoCoop

13.30 h - Café – Espazo de intercooperación e networking

Persoas destinatarias:

  • Persoas desempregadas ou activas, interesadas en emprender, con potenciais ideas de negocio
  • Servizos de fomento de emprego e apoio ao emprendemento: orientadoras laborais, xestorías, técnicos locais de emprego, axentes de desenvolvemento local...
  • Grupos promotores e cooperativas beneficiarias do programa +COOP e cooperativas de recente constitución non socias

Inscricións: a través deste formulario

Máis información: 981 57 55 78 – info@espazo.coop

 

Descarga o programa

 

Luns, 8 July, 2024 - 10:00 to 15:00

Compartir