Por admin_eu, 30 Abril, 2025
Premios á Cooperación 2025

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración establece as bases reguladoras dos Premios á Cooperación 2025.

Cal é a finalidade destes premios?

Fomentar e difundir o cooperativismo, os seus principios e valores, así como recompensar publicamente o labor que as cooperativas veñen realizando a prol do desenvolvemento do movemento cooperativo en Galicia.

Que entidades poden participar?

Poderán optar a estes premios as cooperativas galegas que realizasen un destacado labor no eido do cooperativismo.

Cales son as categorías dos premios?

Premio aos valores cooperativos

Outorgarase á cooperativa galega que máis destacase no impulso dos valores e principios cooperativos.

Premio ao mellor proxecto cooperativo novo

Outorgarase á cooperativa galega que, na data de publicación da convocatoria, teña unha antigüidade igual ou menor a corenta e dous meses e que destaque nas súas achegas nos aspectos sociais, económicos, culturais ou ambientais.

Premio á traxectoria cooperativa

Outorgarase á cooperativa galega que, na data de publicación da convocatoria, teña unha antigüidade maior de corenta e dous meses, e que destacase pola súa traxectoria no ámbito económico e social.

Ata cando se poden presentar as solicitudes?

O prazo de presentación de solicitudes finalizará o 30 de abril de 2025.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Recorda consultar a orde completa antes de facer a solicitude.

 

Descarga o cartel

 

 
 
Premios á Cooperación 2025

Data

Categoria