Por admin_eu, 30 Abril, 2022
Informe da economía social en Galicia - 2020

Centro de estudios cooperativos (CECOOP) publica o "Informe da economía social en Galicia 2020" (descargar PDF) .O esquema básico, e o mesmo que o que se estableceu para o Libro Branco no ano 2019.

No informe recóllense os datos estatísticos da economía social e ademais engadiuse  unha sección dedicada a análise da Lei 11/2021, de 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia, e a oportunidade que supón para as entidades da Economía Social.


O traballo estrutúrase en catorce capítulos:

1. Introdución

2. A economía social en galicia: marco xurídico e novidades lexislativas

3. As sociedades cooperativas galegas

4. As sociedades laborais

5. Empresas de inserción 

6. Os centros especiais de emprego 

7. As confrarías de pescadores

8. As sociedades agrarias de transformación

9. As comunidades e mancomunidades de montes veciñais en man común

10. As mutuas de seguros e mutualidades de previsión social

11. A lei de recuperación da terra agraria de galicia: unha oportunidade para as entidades da economía social

12. Políticas públicas para o desenvolvemento da economía social e asociacionismo

13. Resumo executivo

Informe da economía social en Galicia - 2020

Data