Contacta coa Rede e asesórate en economía social | eusumo.emprego@xunta.gal | +34 610 174 389
Día do Cooperativismo Galego 2025
A Xunta celebra o Día do Cooperativismo Galego baixo o lema "As cooperativas promoven solucións inclusivas e sostibles para un mundo mellor".
Este é o lema escollido este ano para a celebración do Día do Cooperativismo Galego o sábado 5 de xullo ás 12.00h nas instalacións de Rabadense de Transportes (Rábade, Lugo)
A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración celebra o Día do Cooperativismo Galego cunha gala na que se fará entrega dos Premios á Cooperación convocados anualmente. Nesta ocasión o proxecto Illa Bufarda recibirá o Premio ao mellor proxecto cooperativo novo; Rexenerando recollerá o Premio aos valores cooperativos e Lemos o Premio á traxectoria cooperativa.
Durante o acto tamén se fará entrega dos premios a Proxectos Empresariais Cooperativos do Certame Cooperativismo no ensino 2025 na modalidade para alumnado dos centros de formación profesional e de ensinanzas de réxime especial de Galicia e que neste ano recoñeceu co primeiro premio ao proxecto “ Milgranda, Sociedade Cooperativa Galega” presentadodo IES Rosalía Mera e co accésit a “Maruxíada” presentado polo alumnado da Sociedade Cooperativa Galega Mendiño, de Vigo.
Consulta o programa e máis información a través da web www.cooperativismogalego.com

