Contacta coa Rede e asesórate en economía social | eusumo.emprego@xunta.gal | +34 610 174 389
IX congreso cooperativas agro-alimentarias de España
Os días 27 e 28 de marzo de 2025 celebrouse en Palma de Mallorca o IX Congreso de Cooperativas Agro-alimentarias de España, un evento onde foron máis de 1.000 persoas vinculadas ao sector cooperativo de todo o país.
Baixo o lema “Cooperativas agroalimentarias, sustentabilidade con persoas”, este encontro converteuse nunha cita imprescindible para reflexionar sobre os retos do sector agroalimentario, compartir aprendizaxes e explorar como o modelo cooperativo pode responder aos grandes desafíos actuais: sustentabilidade, cambio climático, igualdade, dixitalización e substitución xeracional.
Durante as dúas xornadas do Congreso, os asistentes puideron participar en mesas redondas, relatorios, actos institucionais e espazos de networking con relatores de primeiro nivel como Enrico Letta, Antón Costas ou Toni Nadal.
Mais Informacion a través do ligazón
Descarga o Programa

