Por admin_eu, 6 Agosto, 2025
Sesión divulgativa "E ti, coñeces a fórmula?" | As Pontes de García Rodríguez
EspazoCoop organiza a charla "E ti, coñeces a fórmula?" en colaboración co Programa de Emprego, formación, educación e economía social do FSE+ e no marco da Rede Eusumo.

Data: 13 de agosto

Horario: De 9:00 a 13:00

Modalidade: Presencial

Lugar: Rúa Chamoselo, 11-13 (local da AVV Beira do Eume), As Pontes de García Rodríguez (A Coruña)

Obxectivos: 

  • Dar a coñecer o cooperativismo, o funcionamento das cooperativas e as súas vantaxes en comparación con outros modelos de negocio.
  • Eliminar mitos e prexuízos sobre o cooperativismo e os procesos de traballo participativos.
  • Visibilizar como o emprendemento en cooperativa pode contribuír á mellora da empregabilidade e ao crece-mento profesional.

Programas e contidos:

  • Presentación de EspazoCoop, a Rede Eusumo e o programa EspazoCoop Emprende.
  • A cooperativa dentro da economía social.
  • Os principios e valores cooperativos.
  • Que é unha cooperativa? Tipos de cooperativas.
  • Emprende en cooperativa: Apoios ó cooperativismo. Boas prácticas en emprendemento cooperativo: participación dunha cooperativa presentando o seu proxecto.
Metodoloxía: 
A metodoloxía é activa e participativa. Buscamos captar o interese e a atención das persoas participantes para que se vinculen na actividade e haxa unha aprendizaxe significativa. Propoñemos actividades para o traballo en grupo pequeno, coñecer experiencias e boas prácticas, utilizar medios audiovisuais para enriquecer as exposicións. A nosa proposta é que as participantes sexan protagonistas no proceso formativo mediante a reflexión, a participación e a experimentación.
Contarase coa participación dunha experiencia cooperativa.
 
Dirixido a: 
Ás persoas tanto desempregadas como emprendedoras, ou incluso ocupadas interesadas en coñecer a fórmula cooperativa e que poidan ter un potencial interese en desenvolver un proxecto de emprendemento cooperativo. Alumnado de centros formativos de ensinanza secundaria obrigatoria e postobrigatoria, alumnado universitario e de programas de emprego e formación. Persoas prescriptoras de emprego que teñan interese en coñecer a fórmula para informar e asesoras ás persoas beneficiarias dos seus servizos. Persoal docente e orientador. Público en xeral
 
Máis información: contacta a través de patane@espazo.coop ou do teléfono 697 87 77 73 ou 881 887 456 (Patane García Méndez)
 
Descarga o programa
Sesión divulgativa "E ti, coñeces a fórmula?" | As Pontes de García Rodríguez

Data

Categoria