Contacta coa Rede e asesórate en economía social | eusumo.emprego@xunta.gal | +34 610 174 389
Mostra Rural SocialTech: Innovación e Economía Social de Futuro
Concello de San Xoán de Río organiza a primeira edición "Mostra Rural SocialTech: Innovación e Economía Social de Futuro" no marco da Rede Eusumo.
Data: 20 de setembro
Horario: De 10:00 a 20:00
Lugar: Salón de Plenos do Concello (Praza Gabino Rodríguez Álvarez 1. San Xoán de Río, Ourense 32770)
Obxetivos:
O evento ten como finalidade fomentar o emprendemento na economía social entre a mocidade e as mulleres do ámbito rural galego, impulsando o uso de novas tecnoloxías e intelixencia artificial (IA) como ferramentas fronte ao despoboamento.
Programa da xornada
- A xornada abrirase cun acto institucional no que intervirán representantes locais e expertos e expertas en fondos europeos, economía social, xestión forestal, turismo sustentable e novas tecnoloxías.
- Abordaranse temas clave para o futuro do rural galego, como os fondos europeos para o desenvolvemento rural e a economía social, as experiencias de financiamento europeo en Galicia, o papel da economía social e as cooperativas, así como as sinerxias con proxectos como Sementando Iniciativa. Tamén se tratarán as oportunidades para o emprendemento feminino, o impulso do turismo sustentable e a innovación vinculada ao emprego local, as Rutas do Misterio, a xestión forestal e a situación actual dos lumes en Galicia.
- Presentaranse propostas de innovación social para o territorio e destacarase o papel das novas tecnoloxías no medio rural a través do Rural Innovation Hub, con especial atención á aplicación da intelixencia artificial e as ferramentas dixitais para o emprendemento social.
-
O evento contará con catro zonas temáticas de stands: Viveiro de Lideresas Dixitais, Factoría de Ideas da Mocidade, Academia de Habilidades Dixitais e Punto de Encontro Interxeracional.
-
Sesións de networking interxeracional e unha axenda formativa con mini obradoiros de habilidades dixitais.
-
Visita libre aos stands, impartiranse obradoiros prácticos sobre intelixencia artificial, márketing dixital, turismo rural, agricultura sustentable e xestión forestal, e celebrarase o pitching final das ideas da mocidade.
- Participación de proxectos innovadores
- A mostra reunirá 10 proxectos de entidades de economía social procedentes de Galicia e outras rexións, que presentarán iniciativas destinadas a fortalecer o tecido social e económico do medio rural mediante a cooperación, a innovación e a transferencia de coñecemento.
- Acto de clausura no que se realizará un balance preliminar da participación e das ideas xeradas durante o evento. Así mesmo, anunciarase a convocatoria da II edición de Rural SocialTech en 2026.
Descarga o programa

