Por admin_eu, 22 Septiembre, 2025
Programa Talento Cooperativo | Curso de formación Talento Cooperativo

A Unión de Cooperativas EspazoCoop organiza o "Curso de formación Talento Cooperativo" no marco da Rede Eusumo.

Data: Do 17 de outubro 2025

Horario: De 9:30 a 14:30

Modalidade: Semipresencial

Lugar: Facultade de Pedagoxía da USC, Santiago de Compostela

Obxectivos: 

  • Dar a coñecer o cooperativismo como alternativa para o autoemprego colectivo e o desenvolvemento de proxectos profesionais no ámbito das ciencias sociais
  • Desenvolver o talento cooperativo do alumnado universitario da Universidade de Santiago de Compostela.
  • Coñecer proxectos cooperativos en funcionamento e propiciar un diálogo con persoas socias de cooperativas vinculadas a este ámbito académico.

Programa:

  • Presentación de EspazoCoop, a Rede Eusumo e o programa EspazoCoop Emprende.
  • A cooperativa dentro da economía social.
  • Os principios e valores cooperativos.
  • Emprende en cooperativa: Apoios ó cooperativismo.
  • Boas prácticas en emprendemento cooperativo: Participación de 2 experiencias cooperativas

Inscricións: a través deste formulario

Máis información: visita a web espazo.coop ou contacta a través de info@espazo.coop

 

Descarga o cartel

Programa Talento Cooperativo | Curso de formación Talento Cooperativo

Data

Categoria