Contacta coa Rede e asesórate en economía social | eusumo.emprego@xunta.gal | +34 610 174 389
Cultivos estratéxicos en Galicia
A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias organiza a xornada formativa sobre oportunidades de negocio "Cultivos estratéxicos en Galicia" no marco da Rede Eusumo.
Data: 29 de outubro
Horario: de 9:30 h a 14:30 h
Modalidade: Teleformación
Obxectivos:
- Explicar as vantaxes e oportunidades do emprendemento cooperativo, especialmente en cooperativas agrarias, de explotación comunitaria e de traballo asociado.
- Promover o coñecemento de novas producións agrarias e gandeiras, en ámbitos agroalimentarios de interese crecente en Galicia, consideradas como oportunidades de negocio.
- Impulsar a xeración de emprego cooperativo nos procesos de produción agraria e/ou gandeira entre as persoas e as súas familias.
- Fomentar a fixación da poboación ao rural na contorna das cooperativas agroalimentarias, de persoas socias e novas emprendedores.
Persoas destinatarias:
- Persoas socias das cooperativas agroalimentarias
- Persoas que teñan vinculación coa economía social
- Persoas produtoras, técnicas, investigadoras, estudantado e público en xeral
Inscricións: a través deste formulario
Máis información: visita a web agaca.coop ou contacta a través de agaca@agaca.coop
Descarga o programa

