Contacta coa Rede e asesórate en economía social | eusumo.emprego@xunta.gal | +34 610 174 389
Dixitalización nas cooperativas hortícolas
A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) organiza a xornada formativa de "Dixitalización nas cooperativas hortícolas" no marco da Rede Eusumo. Unha sesión online orientada a ofrecer unha visión práctica e actual das tecnoloxías avanzadas aplicables ao sector.
Data: 16 de decembro
Horario: de 9:30 h a 14:30 h
Modalidade: Teleformación
A actividade está dirixida a profesionais e entidades que buscan avanzar en modernización, optimización e competitividade.
Programa:
- Introdución á dixitalización e ás tecnoloxías avanzadas no sector hortícola: de que falamos, por que e para que
- Inmersión nas tecnoloxías avanzadas clave no sector hortícola: automatización e robótica, sensores e internet das cousas, redes de comunicación, intelixencia artificial e big data, drons e sistemas de observación satelital, sistemas de información xeográfica, ciberseguridad e blockchain, realidade estendida e integración e aproveitamento da información
- Estado de situación e tendencias na implementación de tecnoloxías avanzadas clave
- Casos de éxito de implantacións de tecnoloxías disruptivas
- Taller práctico en tecnoloxías comerciais
- Servizos de apoio EDIH DATAlife
Inscricións: a través deste formulario
Máis información: visita a web agaca.coop ou contacta a través de agaca@agaca.coop
Descarga o programa

