Contacta coa Rede e asesórate en economía social | eusumo.emprego@xunta.gal | +34 610 174 389
Da análise á estratexia: como transformar datos en vantaxes competitivas con POWER BI
A Rede Eusumo organiza o curso en liña: "Da análise á estratexia: como transformar datos en vantaxes competitivas con POWER BI"
Datas: do 25 de marzo ao 8 de abril de 2026
Modalidade: en liña
Duración: 20 horas
Inscricións: a través do Campus Eusumo
Obxectivo: Aprender a analizar e converter datos en obxectivos visuais atractivos para facilitar a toma de decisións e a elaboración de documentación máis competitiva e dinámica.
Público obxectivo: Dirixida a todas as persoas interesadas en coñecer o uso de POWER BI así como as vantaxes que ofrece para a operativa diaria dunha entidade de economía social.
Programa:
- MÓDULO 1. Introdución a Power BI
- MÓDULO 2. Deseño Dashboard
- MÓDULO 3. Linguaxe DAX
As inscricións estarán abertas ata o 24 de marzo de 2026 e faranse seguindo estos pasos:
Darse de alta no Campus Eusumo (plataforma de teleformación)
Automatricularse no curso dentro de dita plataforma
Para máis información, podes poñerte en contacto en info@eusumo.gal

