Contacta coa Rede e asesórate en economía social | eusumo.emprego@xunta.gal | +34 610 174 389
Muller, a cooperativa é para ti: Desenvolvendo a idea cooperativa
A Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop, presenta un novo curso do programa Muller, a cooperativa é para ti: "Desenvolvendo a idea cooperativa", dentro do marco da Rede Eusumo.
Fecha: do 8 ao 28 de abril
Formación: En liña (con 2 sesións virtuais)
Horas: 25 h
Obxectivos:
- Coñecer que debemos analizar para facer da nosa idea un proxecto cooperativo viable.
- Elaborar o prototipo do noso proxecto.
- Avaliar requisitos e compromisos como grupo promotor.
Programa:
- Identifica o teu proxecto cooperativo.
- Analiza as áreas comercial e de mercado.
- Estudia a viabilidade económica-financeira.
- Planifica a área organizativa e os trámites de constitución.
O programa está dirixido: Mulleres interesadas no emprendemento cooperativo, tanto desempregadas como en activo.
Para máis información contacta a través do teléfono 881 887 456 / 697 877 773 ou no correo patane@espazo.coop

