Contacta coa Rede e asesórate en economía social | eusumo.emprego@xunta.gal | +34 610 174 389
Cooperativismo en acción: Xestión eficaz para o éxito diario
A Rede Eusumo organiza o curso en liña: "Cooperativismo en acción: Xestión eficaz para o éxito diario"
Datas: do 16 ao 30 de abril de 2026
Modalidade: en liña
Duración: 20 horas
Inscricións: a través do Campus Eusumo
Obxectivo: Proporcionar unha serie de coñecementos e ferramentas básicas sobre a xestión diaria dunha entidade de economía social que sirva como base para as persoas que a forman.
Público obxectivo: Dirixida a persoas que teñan unha cooperativa e precisen dunhas directrices para xestionala ou mellorar a súa organización interna, así como persoas emprendedoras, mocidade en formación ou inserción laboral, persoas interesadas no autoemprego e público en xeral.
Programa:
- MÓDULO 1. Puntos clave sobre a economía social
- Que é a economía social?
- Entidades de economía social
- Oportunidades de emprendemento
- MÓDULO 2. O traballo en equipo
- A constitución cooperativa
- Compromiso coa cooperativa
- O traballo en equipo
- Quen fai que?
- Reunións, asambleas
- MÓDULO 3. O proceso de venda
- Análise da situación actual
- Creación de novos produtos/servizos
- Canles de venda
- Contacto cos intermediarios
- MÓDULO 4. A xestión económica da entidade
- Contabilidade
- Administración
- Financiamento
As inscricións estarán abertas ata o 15 de abril de 2026 e faranse seguindo estos pasos:
Darse de alta no Campus Eusumo (plataforma de teleformación)
Automatricularse no curso dentro de dita plataforma
Para máis información, podes poñerte en contacto en info@eusumo.gal

