Contacta coa Rede e asesórate en economía social | eusumo.emprego@xunta.gal | +34 610 174 389
Optimización de procesos produtivos na Economía Social
Aeiga organiza unha formación networking sobre "Optimización de procesos produtivos na Economía Social", dentro do marco da Rede Eusumo.
Fecha: 24 de abril
Horario: 09:30 - 12:30 h
Modalidade: Online
Obxectivos:
- Identificar retos e oportunidades na implementación da IA nas entidades de economía social.
- Comprender a Intelixencia Artificial Xenerativa e o seu impacto no sector.
- Explorar aplicacións prácticas da IA en áreas como xestión de recursos humanos e optimización operativa.
- Xerar interaccións e sinerxías que permitan establecer colaboracións futuras entre as entidades asistentes.
Contidos:
- Automatización de informes e documentación técnica.
- Cribado e análise comparativo de currículums mediante IA.
- Creación de axentes básicos para análise de convocatorias públicas.
O programa está dirixido a: Equipos directivos e técnicos de entidades da Economía Social e profesionais interesados na innovación e tecnoloxía aplicada á xestión social e empresarial.
Prazo de inscripcións aberto a través do seguinte formulario.

