Contacta coa Rede e asesórate en economía social | eusumo.emprego@xunta.gal | +34 610 174 389
Kiwi en Galicia: Claves para emprender con éxito nun cultivo líder
A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) organiza a xornada formativa sobre oportunidades de negocio do "Kiwi en Galicia: Claves para emprender con éxito nun cultivo líder" no marco da Rede Eusumo.
Data: 28 de abril
Horario: de 09:30 h a 14:30 h
Modalidade: Online
A actividade está dirixida a:
- Socios e socias das cooperativas agroalimentarias
- Persoas que teñan vinculación coa economía social
- Responsables de innovación e sustentabilidade, persoal técnico agrario, estudantes, investigadores/as, público xeral
Obxectivos:
- Explicar as vantaxes e oportunidades do emprendemento cooperativo, especialmente en cooperativas agrarias, de explotación comunitaria e de traballo asociado.
- Promover o coñecemento de novas producións agrarias e gandeiras en ámbitos agroalimentarios de interese crecente en Galicia consideradas como oportunidades de negocio.
- Impulsar a xeración de emprego cooperativo nos procesos de produción agraria e/ou gandeira entre as persoas e as súas familias.
- Fomentar a fixación da poboacións no eido rural na contorna das cooperativas agroalimentarias, tanto de persoas socias como de novos emprendementos.
Programa:
- Introdución á produción do kiwi como oportunidade de negocio en Galicia
- Aspectos técnico-agrnómicos para o cultivo do kiwi:
- Conducións agroclimáticas óptimas
- Selección de variedades (hayward, novas variedades, kiwi amarelo, etc.)
- Deseño de plantación: marcos, estruturas, sistemas de condución
- Manexo do solo e fertilización
- Necesidades hídricas e rega
- Calendario de labores
- Poda, polinización e frutificación
- Control de pragas e enfermidades
- Produción ecolóxica vs. convencional
- Rendementos esperados e vida útil da plantación
- Investimento inicial (plantación, estruturas rega)
- Custos de mantemento
- Prazos de entrada en produción
- Rendibilidade estimada
- Axudas e subvencións dispoñibles (PAC, desenvolvemento rural, etc.)
- Comercilización e valor engadido
- Conclusións, comentario finais e peche de xornada
Máis información: visita a web agaca.coop ou contacta a través de agaca@agaca.coop

