Contacta coa Rede e asesórate en economía social | eusumo.emprego@xunta.gal | +34 610 174 389
Creación de experiencias culturais con intelixencia artificial
A Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios e Navegación de Santiago de Compostela, entidade integrante da Rede Eusumo, organiza un curso sobre "Creación de experiencias culturais con intelixencia artificial"
Datas: do 11 ao 27 de maio de 2026
Horario: de 16:00 h a 18:30 h de luns a xoves
Modalidade: en liña
Duración: 25 horas
Docente: Óscar de Miguel Bandín
Obxectivos: Explorar o potencial da IA na creación de experiencias culturais innovadoras.
Contidos do programa:
- IA e creatividade: exemplos e tendencias
- Ferramentas de IA aplicadas á arte, música e patrimonio
- Desenvolvemento de experiencias interactivas con IA
- Ética e IA no sector cultural
- Caso práctico: deseño dunha experiencia con IA
O programa vai dirixido a traballadores, coordinadores, técnicos, artistas ou emprendedores do sector das industrias culturais como sector específico da economía social.
O formulario de inscrición está dispoñible a través do seguinte enlace

