Contacta coa Rede e asesórate en economía social | eusumo.emprego@xunta.gal | +34 610 174 389
Impulso Local: Emprendemento e igualdade en rede
O programa Medrando Xuntas organiza o encontro "Impulso Local: Emprendemento e igualdade en rede". Unha xornada única pensada para persoas con inquietudes, ideas ou ganas de dar un paso máis no mundo do emprendemento.
Data: Xoves, 14 de maio
Horario: 10:00 - 14:00 h
Modalidade: Presencial
Lugar: Casa da Cultura de Verín. R/ Irmáns la Salle, Verín, Ourense
Programa do encontro:
- Presentación da xornada por parte dos representantes do Polo de Emprendemento e Apoio ao Emprego de Verín e AEVER (Asociación de Empresarios/as de Verín)
- Desenvolvemento da Mesa de Casos de Emprendemento:
- Lorena Parada - Rincón Mágico de Épona
- José Luis Mateo - Bodega Quinta da Muradella
- Cristina López e Guillermo Insua - UNOUNO_arquitectura de interiores
- Jaime Vispo - Telas Julia
- Elena Tourón - Ugli
- Hilda Fernández - Academia A Tempo
- Jane Liz - Coeducontando
- Intervención de programas e entidades de igualdade e liderado feminino.
- Medrando Xuntas
- FEMURO
- CDR Portas Abertas
- Espazo micronetworking
Para máis información podes consultar a web da Rede de Polos de Emprendemento e Apoio ao Emprego
Se tes unha idea, un proxecto ou simplemente curiosidade… este é o teu sitio. Apúntate e forma parte dun movemento que medra desde a diversidade, a colaboración e o orgullo polo local.

