Contacta coa Rede e asesórate en economía social | eusumo.emprego@xunta.gal | +34 610 174 389
Programa de Intercooperación: Encontro Sectorial Asesorías e Consultoras
A Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop, organiza un encontro cooperativa virtual para o Programa de Intercooperación sobre "Encontro sectorial asesorías e consultoras", dentro do marco da Rede Eusumo.
Fecha: 29 de maio
Horario: 09:30 - 12:00 h
Lugar: Hotel OCA Puerta del Camino - Santiago de Compostela
Metodoloxía: Desenvolverase un método de traballo que combina a análise e reflexión estratéxica, o intercambio de opinións e experiencias que sirvan para estimular e ordenar o diálogo nun plano de igualdade e enriquecemento mutuo.
Obxectivos: Establécese como obxectivo xeral e promoción de encontros de intercooperación entre cooperativas para o fortalecemento secotrial e como obxectivos específicos:
- Favorecer o coñecemento mutuo entre as entidades participantes, tanto a nivel sectorial como intersectorial e xerar un espazo de coñecemento e promoción de posibles accións de cooperación entre as entidades e persoas participantes no Encontro.
- Definir os obxectivos da sectorial de Asesorías e Consultoras dentro do plan estratéxico de EspazoCoop 2026-2029.
- Posibilitar a transferencia de temáticas, experiencias, metodoloxías, ou solucións para a posta en marcha de
estratexias de cooperación. - Contribuír á mellora da xestión empresarial e societaria e á consolidación das entidades participantes.
- Divulgar ferramentas e boas prácticas de intercooperación que favorezan o emprendemento e consolidación de proxectos e/ou procesos neste eido.
- Estimular e acompañar ao emprendemento e consolidación de proxectos e/ou procesos de intercooperación.
Programa:
- Benvida e presentación do Encontro e do Programa de Intercooperación
- Que hai de novo? Coñecémonos e acollemos ás novas entidades
- Propoñemos e aportamos a visión da sectorial para o Plan estratéxico de EspazoCoop 2026-2029
- Presentación e propostas Plan de Acción 2026. Elaboremos xuntas as actividades da sectorial para
este ano - Foro aberto: Actividade dinamizadora de intercooperación e networking
O programa está dirixido: Persoas socias de cooperativas activas, principalmente aquelas que conforman a sectorial de Asesorías e Consultoras, así como doutras entidades da economía social no eido da Consultoría principalmente.
Para máis información contacta a través do teléfono 986 866 149 ou no correo teresa@espazo.coop

