Contacta coa Rede e asesórate en economía social | eusumo.emprego@xunta.gal | +34 610 174 389
Café con Mulleres emprendedoras: Creando vínculos no emprendemento femenino (Medrando Xuntas)
O programa Medrando Xuntas organiza o encontro "Café con Mulleres emprendedoras: Creando vínculos no emprendemento femenino (Medrando Xuntas)", un encontro tipo café networking para mulleres emprendedoras co obxectivo de xerar conexións, compartir experiencias e crear novas oportunidades de colaboración.
Data: Xoves, 28 de maio
Horario: 16:30 - 18:00 h
Modalidade: Presencial
Lugar: YÜ Lugar de Encuentro. Av. Ponteareas, 34, A Estrada, Pontevedra
Programa do encontro:
- Introdución ao programa Medrando Xuntas – Eusumo
- Dinámica de presentación das participantes. Rolda rápida: quen son, que fan e que buscan
- Café networking
- Conversas informais en pequenos grupos
- Intercambio de contactos e experiencias
- Espazo aberto de conclusións. Posta en común de ideas e aprendizaxes
Para máis información pode consultar a web da Rede de Polos de Emprendemento e Apoio ao Emprego

