Contacta coa Rede e asesórate en economía social | eusumo.emprego@xunta.gal | +34 610 174 389
Mulleres que cooperan: redes, oportunidades e economía social
O programa Medrando Xuntas organiza o encontro "Mulleres que cooperan: redes, oportunidades e economía social".
Xornada participativa dirixida a mulleres emprendedoras e persoas interesadas na economía social, orientada á creación de redes, ao intercambio de experiencias e á xeración de colaboracións entre proxectos. Un espazo para compartir retos, descubrir oportunidades e fortalecer o liderado e o emprendemento feminino a través da cooperación e o apoio mutuo.
Data: Venres, 29 de maio
Horario: 10:00 - 12:30 h
Modalidade: Presencial
Lugar: Sede do Polo de Ferrol. R/ María, n158, Ferrol
Programa do encontro:
- Benvida e activación da xornada.
- Desenvolvemento dunha breve dinámica de presentación: nome, proxecto ou idea e que gustaría lervarme hoxe desta xornada.
- O que achega Medrando Xuntas
- Intervención do persoal técnico de Medrando Xuntas da Rede Eusumo
- Identificación de Retos e Oportunidades do emprendemento feminino
- Retos habituais do emprendemento feminino
- Recursos dispoñibles ou oportunidades de apoio
- Colaboracións posibles entre as participantes
- Pausa café
- Mini taller "Da idea á colaboración"
- Que fago
- Que necesito
- Que podo ofrecer
- Con quen me gustaría conectar
- Acordos para seguir medrando
- Compromiso compartido e rede: 1 contacto, 1 idea, 1 paso
- Conclusións e peche de xornada
Para máis información pode consultar a web da Rede de Polos de Emprendemento e Apoio ao Emprego

