Por admin_eu, 18 Septiembre, 2026
Xornada CONSOLIDA+: Consolidando o tecido cooperativo

A Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop desenvolve no período 2025-2026, en colaboración coa Rede Eusumo e a Xunta de Galicia, o programa Consolida+, co obxectivo pricipal de prestar servizos de asesoramento e acompañamento a cooperativas en funcionamento, en distintos ámbitos e áreas do seu interese para a mellora e consolidación empresarial

Fecha: venres, 18 de setembro

Horario: 10:00 - 15:00 h

Modalidade: Presencial

Lugar: Aira Vella, S. Coop. Galega (A Casa Vella de Amiadoso), Estrada a Amiadoso, 65A, Lugar de Amiadoso- Allariz

Obxectivos:

  • Exposición dos resultados da edición 2025-2026 do Programa Consolida+ e mostrar boas prácticas de consolodación
  • Divulgar axudas e recursos para consolidación de empresas cooperativas
  • Favorecer as relacións entre cooperativas, e a xeración de redes.

Programa:

  • Coñece o programa Consolida+
  • Resultados 2025-2026 de Consolida+
  • Liñas de apoio públicas e programas europeos para a consolidación das cooperativas
  • Mesa con casos e experiencias cooperativas
  • Clausura institucional
  • Espazo Networking - Ágape

Destinatarias:

  • Cooperativas socias de EspazoCoop e outras cooperativas non socias.
  • Persoal técnico de servizos de xestión de empresas e fomento do emprendemento, públicos e privados, interesados en coñecer as boas prácticas e os servizos do programa Consolida+
  • Público interesado en xeral

Formulario de inscricións aberto a través da seguinte ligazón.

Para máis información contacta a través do teléfono 981 57 55 78 ou no correo info@espazo.coop

programa consolida+

xornada consolida+

Data

Categoria