Por admin_eu, 13 Octubre, 2026
Integración estratéxica da IA para cooperativas e empresas de economía social

A Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios e Navegación de Santiago de Compostela, entidade integrante da Rede Eusumo, organiza un curso sobre "Integración estratéxica da IA para cooperativas e empresas de economía social"

Datas: do 13 ao 27 de outubro

Horario: de 16:00 h a 18:30 h

Modalidade: en liña

Duración: 25 horas

Docente: Juan Carlos Varela Iglesias

Obxectivo: Potenciar a introdución e o coñecemento sobre intelixencia artificial e os procesos de produción aos que pode asociarse para mellorar e optimizar o rendemento.

Contidos do programa:

  • MÓDULO 1 -. Introdución á IA
    • Definición. Historia.
    • Ramas da IA. Algoritmos.
    • Machine / Deep learning
    • Big data: o cambio na IA
  • MÓDULO 2 -. Algoritmos de IA
    • Machine learning: modelos supervisados
    • Machine learning: modelos non supervisados
    • Aprendizaxe por reforzo
    • Modelos profundos (Deep learning)
    • Exemplos con Weka/Orange
  • MÓDULO 3 -. Aplicacións en cooperativas e empresas de economía social
    • People Analytics
    • Predición: stocks, demandas, comportamentos
    • Segmentación: análise de oferta. Identificar tendencias
    • Fidelización de clientes usando aprendizaxe reforzada
    • Recomendadores web
    • Mellora de procesos

O formulario de inscrición está dispoñible a través da seguinte ligazón.

IA Cámara compostela

Curso IA Cámara compostela

Data

Categoria