Novas

Lapelas principais

A única gran explotación leiteira de Ourense aborda a súa ampliación

Conducindo pola autovía A-52, xusto antes de chegar á saída de Xinzo de Limia, vese unha enorme explotación gandeira. Non é algo estraño nunha comarca onde hai centos de granxas porcinas e avícolas, pero esta é especial porque non ten porcos nin polos, senón vacas e, ademais, dedícase á produción de leite. É a única gran cooperativa leiteira da provincia e luce unha nova imaxe. Dende hai unhas semanas pódense ver, tamén dende a A-52, os murais que adornan as súas paredes, pintados por un artista local. É un dos sinais máis visibles do proceso de ampliación no que se embarcou a entidade.

Ana Ortiz defende a necesidade de "avanzar na igualdade real de oportunidades" para o talento feminino

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, e a directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, asistiron este venres á apertura do evento a favor do liderado feminino Raíces & traxectorias, apoiado polo Goberno galego e celebrado na sede de Afundación na cidade.

Arrincan as votacións dos Premios Benfeito 2025

A Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL) abre as votacións da segunda edición dos Premios Benfeito de Consumo, de carácter bianual e que recoñecen a excelencia, a innovación e o compromiso coas persoas consumidoras das empresas asentadas en Galicia. A UCGAL convida á cidadanía para participar no proceso de votación a través das súas canles oficiais. De feito, entre todas as persoas que emitan o seu voto e completen a enquisa que o acompaña sortearanse dúas cestas de produtos galegos valoradas en 100 euros cada unha. 

A Xunta pon en valor a nova tenda Arroupa de Cáritas en Vilagarcía de Arousa como unha aposta polo emprego inclusivo e pola economía circular

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou hoxe na inauguración da tenda Arroupa de Vilagarcía de Arousa, impulsada por Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela. Alí, puxo en valor o novo establecemento como unha aposta polo emprego inclusivo, pola economía circular e por un consumo responsable, destacando que esta empresa de inserción recibe apoio da Xunta de Galicia para garantir a súa actividade.

A Xunta pon en valor o seu compromiso coa igualdade de oportunidades no ámbito laboral para garantir a empregabilidade das persoas con discapacidade

A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Marino, participou esta tarde na mesa redonda O dereito financeiro e as mulleres con discapacidade no marco da xornada A protección do ordenamento tributario ás mulleres con capacidades diferentes organizada pola Universidade de Vigo. Alí, puxo en valor o compromiso da Xunta coa igualdade de oportunidades no ámbito laboral para garantir a empregabilidade das persoas con discapacidade.