By admin_eu, 30 Maio, 2025
Ano Internacional das Cooperativas 2025

Este ano  2025 foi proclamado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas como o Ano Internacional das Cooperativas (AIC 2025), recoñecendo o papel transformador que este modelo empresarial ten no desenvolvemento sostible, a inclusión social e o empoderamento económico das comunidades. Esta celebración mundial continúa o legado iniciado en 2012, cando se viviu o primeiro Ano Internacional dedicado ás cooperativas.

O lema de este ano é “As cooperativas constrúen un mundo mellor”.  Este frase amosa o impacto positivo das cooperativas nas tres dimensións do desenvolvemento sostible: social, económica e ambiental.

O AIC 2025 tamén é unha ferramenta clave para visibilizar a súa contribución aos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) da ONU, desde a erradicación da pobreza ata o impulso do traballo decente e a igualdade de xénero.

Os Obxectivos do Ano Internacional das Cooperativas 2025 son:

  • Incrementar a conciencia pública sobre o impacto positivo das cooperativas.
  • Promover o crecemento do sector cooperativo a nivel global.
  • Fomentar contornas políticas e xurídicas favorables para o seu desenvolvemento.
  • Impulsar o liderado con propósito, especialmente entre os mozos.

Para máis información sobre as cooperativas, non dubides en ver o seguinte vídeo.

Podes atoparmáis información  sobre o Ano internacional das Cooperativas 2025, no seguinte ligazón.

Ano Internacional das Cooperativas 2025

Data