By admin_eu, 21 Agosto, 2025
Aberta a convocatoria para participar na Feira Culturgal 2025

A Feira das Culturgal celebraráse do 28 ao 30 de novembro no Pazo da Cultura de Pontevedra e xa ten aberto o prazo para solicitar a participación.

Todas as entidades que desexen mostrar os seus espectáculos, produtos ou servizos poden solicitar a súa participación a través da web cultur.gal. Na zona de Profesional/Expositores poderase atopar toda a información necesaria para participar.

A feira establece dous prazos diferenciados para a solicitude de postos.

  • O primeiro prazo permanece aberto ata o 31 de agosto ao mesmo prezo que o ano pasado.
  • O segundo prazo será do 1 ao 15 de setembro, cun incremento dos prezos do 25%.

Os postos outorgaranse por orde de chegada das solicitudes e a reserva debe realizarse obrigatoriamente a través da web cultur.gal. O proceso de solicitude é moi sinxelo e estará dispoñible un manual na área persoal da web para facilitar os trámites aos interesados.

As entidades de economía social que queiran participar poden solicitar un oco no stand da Xunta a través do seguiente enlace.

Como o ano pasado, os postos de artesanía e arte contemporánea terán condicións especiais de contratación.

Para máis información sobre a reserva e contratación de stands, contacta a través do correo electrónico stands@culturgal.com.

 

Aberta a convocatoria para participar na Feira Culturgal 2025

Data

Categoria