By admin_eu, 26 Setembro, 2026
A Xunta salienta na feira #Esdomar as medidas autonómicas para potenciar a economía social como motor de dinamización do territorio

A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, asistiu hoxe en Vigo á terceira edición da feira #Esdomar, organizada pola Fundación para la Pesca y el Marisqueo (Fundamar) no marco da rede Eusumo e en colaboración coa Confraría de Pescadores de Vigo. Alí, Marta Mariño salientou o labor da rede Eusumo que presta apoio directo á creación de emprego con base na economía social, asesorando a persoas e entidades interesadas en emprender neste ámbito. Ademais, sinalou que accións como #Esdomar contribúen a difundir os valores da economía social entre a cidadanía, pois esta cita inclúe a presentación de iniciativas na contorna do mar, obradoiros, actividades, exposicións, música e gastronomía.

No ámbito da economía social a Xunta ten orzamentados neste 2026 case 45 M€ e impulsou a Estratexia galega da economía social: horizonte 2027 dentro da aposta autonómica por este modelo como motor de dinamización do territorio. Neste campo destacou o proxecto piloto promovido polo Goberno galego para acompañar os concellos galegos na elaboración de plans locais de economía social —como os de Baiona e Ribadavia, presentados recentemente— co fin de identificar as oportunidades de cada territorio e definir medidas adaptadas ás súas características sociais, económicas e produtivas.

Fonte: C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. do Mar

esdomar 2026

Data

Categoria