Novas

A Xunta enxalza en Cambados o sector vitivinícola como motor de emprego no rural e referente de emprendemento ligado ao territorio

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González participou hoxe na inauguración do Túnel do Viño de Cambados, un evento organizado polo Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas no marco da 73ª edición da Festa do Albariño, co obxectivo de promocionar o viño albariño entre profesionais e público especializado.

Premios ao desenvolvemento rural de Galicia

A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural celebra a 16ª edición dos premios ao desenvolvemento rural de Galicia

Cal son os requisitos?

A Xunta destaca en Boborás o papel da Rede Eusumo para impulsar o emprendemento e potenciar a economía social no rural

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, participou hoxe na inauguración da Feira Sectorial do Cooperativismo, unha iniciativa organizada polo Concello de Boborás en colaboración co de San Xoán de Río, no marco das actividades da Rede Eusumo. No acto estivo tamén presente a alcaldesa de Boborás, Ana Patricia Torres. 

A Xunta destina máis de 5 M€ á nova convocatoria do programa Emega para apoiar a máis de 350 emprendementos femininos

Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a convocatoria das axudas do programa Emega para o fomento do emprendemento feminino. O importe da convocatoria supera os cinco millóns de euros e a previsión é financiar máis de 350 proxectos e crear arredor de 800 empregos. As axudas poden solicitarse desde mañá e ata o 14 de agosto.

A Xunta salienta o peso clave do cooperativismo agroalimentario con máis do 70 % da facturación global desta fórmula de negocio en Galicia

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, puxo hoxe de relevo o labor que realiza a Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (Agaca) na defensa dos intereses do sector e tamén no desenvolvemento do cooperativismo neste eido determinante no mapa do cooperativismo galego ao facturar 2.400 millóns de euros, o que supón máis do 70% da facturación global desta fórmula de negocio. 

A Xunta destaca o papel do programa ´+Coop´ no impulso do emprendemento cooperativo en Galicia

A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Martiño, participou esta mañá na xornada de presentación de resultados do programa +COOP, iniciativa da Unión de Cooperativas EspazoCoop en colaboración coa Xunta, CEPES e o Fondo Social Europeo, destinada a apoiar a creación de emprendemento cooperativo en Galicia.