Novas

Separadores primários

María José Gómez enxalza a contribución de Paco & Lola ao desenvolvemento do sector vitivinícola

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, participou hoxe no xantar anual organizado polos socios da Cooperativa Vitivinícola Arousá, que este ano celebran o vixésimo aniversario da adega Paco & Lola, así como o fin da campaña da vendima deste ano. Neste sentido, a conselleira enxalzou a contribución desta adega da Denominación de Orixe Rías Baixas ao desenvolvemento do sector vitivinícola galego.

A Xunta destaca o papel das prazas de abastos e da gastronomia no pulo ao consumo de produtos alimentarios de proximidade

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, asistiu esta tarde á demostración culinaria realizada polo chef Miguel González con produtos de proximidade da Praza de Abastos de Ourense no marco da 26ª edición Salón Internacional de Turismo Gastronómico Xantar 2025. Alí tamén estiveron o delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, e o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, e o conselleiro destacou que o obxectivo de accións coma esta é visibilizar o papel que teñen

A Xunta afonda no compromiso coa economía social e salienta a súa converxencia coas estratexias de responsabilidade social empresarial

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, e a directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, participaron hoxe na quinta edición do evento Cafés con aroma a economía social, organizado polo Foro pola Economía Social Galega (Foroesgal). A iniciativa busca poñer en valor a converxencia entre economía social, gobernanza e sostibilidade como unha aliada estratéxica para o conxunto da economía galega.

Santiago de Compostela acollerá o 11 de decembro o acto de clausura do Ano Internacional das Cooperativas 2025

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración celebrará o próximo xoves, 11 de decembro, o acto oficial de Clausura do Ano Internacional das Cooperativas 2025, unha xornada concibida como recoñecemento ao papel esencial que desempeñan as cooperativas no desenvolvemento económico e social de Galicia. O evento terá lugar ás 17:30 h nun recinto cuberto situado na Praza da Quintana, en pleno corazón de Santiago de Compostela.

Culturgal 2025: a cultura galega amplifica a súa pegada na 18ª Feira das Culturas, do 28 ao 30 de novembro en Pontevedra

Pontevedra será de novo escenario, entre os días 28 e 30 de novembro de 2025, da 18ª edición de Culturgal, a Feira das Culturas Galegas, un evento clave para o encontro entre creadores, profesionais do sector cultural e o público xeral. (cultur.gal)

Unha edición sen precedentes

Ourense acollerá o vindeiro fin de semana a 26º edición do salón gastronómico Xantar

A cidade de Ourense acollerá, do 20 ao 23 de novembro de 2025, unha nova edición de Xantar, o Salón Internacional de Turismo Gastronómico, que celebra este ano o seu 26º aniversario consolidado como punto de encontro para profesionais e amantes da enogastronomía.