Xornadas estratéxicas dos directivos das cooperativas: competitividade

A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (Agaca) organiza "Xornadas estratéxicas dos directivos das cooperativas: competitividade" no marco da Rede Eusumo.

Data: 23 de xullo

Horario: de 9:45 h a 14:45 h

Modalidade: presencial

Lugar: Santiago de Compostela

Obxectivos:

  • Coñecer as últimas propostas de modificación normativa que afectan de inmediato as cooperativas e as súas persoas socias.
  • Profundar nas estratexias e o acceso a man de obra para o medio agrario e gandeiro mediante o Plan Retorna.
  • Estratexia da comercialización alimentaria de Galicia.
  • Avanzar os retos na dixitalización dos vindeiros anos e os apoios aos que o sector primario pode acceder para abordalos.
  • Compartir a visión estratéxica das tendencias nos requirimentos e sostibilidade relacionados co financiamento.

Persoas destinatarias:

  • Persoas con cargos directivos das cooperativas agroalimentarias e da economía social (consellos reitores, dirección, xerencia, equipo técnico).
  • Mulleres socias e mozos e mozas menores de 35 anos e maiores de 18, socios de cooperativas.

Inscricións: a través deste formulario

Máis información: visita a web agaca.coop ou contacta a través de agaca@agaca.coop

 

Descarga o programa

 

Martes, 23 July, 2024 - 09:45 to 14:15

Compartir